
A túa tenda de electrodomésticos
Bazar Adolfo é a túa tenda de electrodomésticos e bazar en Allariz.
Traballamos coas mellores marcas e damos o mellor servizo dende un trato cercano e directo coa nosa clientela.
Dende o noso local ofrecemos un servicio personalizado de venda, atención, reparación e transporte en electrodomésticos e produtos de electrónica de consumo.
A ampla gama de produtos que ofrecemos, xunto con décadas de experiencia dende a nosa tenda en Allariz, converteunos na tenda especializada no sector que somos a día de hoxe.
Visítanos en Allariz ou contacta por teléfono ou por correo-e para resolver calquera dúbida. Déixate asesorar polo noso equipo de especialistas e profesionais e atopa os produtos que mellor se adapten ás túas necesidades.
O mellor bazar con todo para o teu fogar
Visita o noso bazar, onde atoparás todo o que podes precisar para a túa casa.
Vaixela, utensilios de cociña, mobiliario para o fogar, alfombras, decoración, lámpadas…
Seguro que atopas o que buscas!